Rosanna Moreda publicou ata o momento dous ensaios nas Editoriais Fapa
(Barcelona, 2006) e Mandala (Madrid, 2013) e un poemario en Versos &
Reversos (Barcelona, 2010).
Na actualidade traballa nunha novela familiar, así como nunha Antoloxía
poética con 14 participantes, cada un ou unha asociada/o a un lema.
Gústalle pensar neste proxecto en relación coa “auga viva” como se di no
país da súa nai: Uruguai (augamar en galego) pero sen picadela, ou en
todo caso que contaxie moita enerxía e colaboración, as grandes claves dos
nosos tempos. Tamén colaborou e colabora en revistas literarias varias, e
fixéronse referencias ás súas obras/artigos en medios como a recoñecida
revista venezolana Letralia Tierra de Letras (2012). Porén, a súa actividade
literaria estivo sempre moi entrelazada coa súa ampla experiencia na
Intervención social e no Ensino.
As veces que combinou o seu labor creativo co traballo con poboacións
marxinalizadas como é o caso da súa experiencia como formadora nun
obradoiro de escritura creativa no cárcere catalán de 4 Camins (2010);
sentiuse chea.
No entanto, a escritura é unha máis das súas facetas, pois aférrase á
máxima de Susan Sontag "para escribir é prioridade vivir". Está segura que
atopará en ARTErra , concentración e paralelamente redes de
creación cultural moi oportunas para a busca de participantes dentro da
poesía de acción; así como unha natureza idílica que invita plenamente a
escribir.
+INFO: http://rosannamoreda.blogspot.
FB: https://es-es.facebook.com/
Foto de: IRIA OTERO
Sem comentários:
Enviar um comentário